Friday 19 de April de 2024

O Concello de Lousame inicia mañá venres o programa Noites de Cine coa proxección da película “A sombra da Lei”


 

A Praza do Concello de Lousame acollerá mañá venres 6 de setembro, ás 21:30 horas, a primeira das dúas Noites de Cine organizadas polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña. A película elixida é “A sombra da Lei”, dirixida por Dani de la Torre, e protagonizada por Luís Tosar e Michelle Jenner. A entrada é libre e de balde.

Para o vindeiro venres 13 de setembro, tamén ás 21:30 horas, queda a segunda película: a premiada “Campións”, de Javier Fesser. Poderá verse na pista polideportiva do Sanguiñal (Tállara). En ambos casos, en caso de choiva, a proxección tería lugar no auditorio da Casa da Cultura “Santeiros de Chave”.